Toot fixado



fonte RSS de novafantasia.com/

NOVA fantasía é unha revista electrónica, escrita íntegramente en galego, e adicada a difundir o xénero fantástico: nela teñen cabida a ciéncia-ficción, o Terror, a Fantasía heróica [...] Literatura, cinema, cómic, música, etc. E todo elo, por suposto, en galego. Coa dobre intención de dignificar a nosa língua e de dignificar o xénero fantástico.

Eli Roth dirixirá Borderlands - novafantasia.com/arquivos/1674 O realizador especializado no xénero de terror Eli Roth (Hostel, Cabin Fever) dirixirá a adaptación ao cinema da franquía de videoxogos Borderlands para a Lionsgate e a Picturestart. Borderlands é unha série de videoxogos de acción e de rol nun contorno de Western de ciéncia-ficción, creada por Gearbox Software e publicada pola 2K Games para [

A Dark Horse presenta ao Predator orixinal - novafantasia.com/arquivos/1673 A Dark Horse Comics ven de anunciar a publicación de Predator: The Original Screenplay, unha adaptación ao cómic en cinco partes do guión orixinal do filme Predator escrito por James E. Thomas e John C. Thomas. Para esta versión, o guión foi escrito por Jeremy Barlow, con debuxos de Patrick Blaine e entintado a cargo [

Doc Savage chega por fin á tele - novafantasia.com/arquivos/1673 A Sony Pictures Television, a Original Film e mais Condé Nast Entertainment van-se asociar para produciren conxuntamente Doc Savage, unha nova série de televisión baseada no clásico persoaxe homónimo das novelas pulp dos anos 30. A história irá sobre as aventuras do Home de Bronce, que inclúen dinosáuros, sociedades secretas, maléficos falcatruáns, aparellos e armas [

Waltz e Pearce atravesarán a Porta Portátil - novafantasia.com/arquivos/1673 Christoph Waltz e Guy Pearce serán os protagonistas da comédia de aventuras fantásticas The Portable Door para a Jim Henson Company e mais os estudos australiáns Story Bridge Films. A história, que está baseada nas novelas de Tom Holt, narra as aventuras de Paul Carpenter, un novo becário na misteriosa empresa londiniense J.W. Wells

Jennifer Lawrence contra os meteoros - novafantasia.com/arquivos/1672 Jennifer Lawrence protagonizará e Adam McKay dirixirá a nova comédia Don’t Look Up, da que a Netflix ven de se facer cos dereitos. A história vai sobre dous astrónomos debaixo nivel que deben embarcar-se nunha grande xira cos médios de comunicación para advertir á humanidade de que un asteroide está a se achegar e vai [

Hugh Laurie continuará en Avenue 5 - novafantasia.com/arquivos/1672 A canle HBO ven de renovar oficialmente a comédia de ciéncia-ficción de Armando Iannucci Avenue 5 para unha segunda tempada, mália que só se levan emitidos catro episódios até agora. Avenue 5 ten lugar a bordo dun cruceiro espacial e ten coma protagonistas á súa tripulación e aos pasaxeiros cando durante unha das viaxes acontece [

Moranis volve encoller aos nenos - novafantasia.com/arquivos/1671 O actor de Spaceballs e Ghostbusters Rick Moranis, que levaba retirado de Hollywood dende hai vinte anos, ven de pechar un acordo polo que se converterá nun dos protagonistas do vindeiro filme Shrunk da Disney Pictures. A longametraxe será unha continuación do clásico de 1989 Honey I Shrunk the Kids e das súas dúas secuelas, [

Os lobishomes xa teñen director - novafantasia.com/arquivos/1671 Michael Chernus (Tommy, Patriot) ven de se unir ao reparto e Josh Ruben (Scare Me) foi contratado coma director de Werewolves Within, unha adaptación ao cinema do videoxogo homónimo de realidade virtual da Ubisoft. O xogo orixinal está situado nunha vila fantástica medieval que é atacada por un lobishome, e os xogadores deben adiviñar quen [

Stallone e Bay viaxan á Pequena América - novafantasia.com/arquivos/1671 Pensando no futuro despois da súa vindeira Samaritan, Sylvester Stallone xa conta con protagonizar o thriller de acción Little America para a AGC Studios e mais a Platinum Dunes, con Michael Bay vencellado coma produtor executivo. A história, que lembra moito á de Escape From New York, está ambientada nun futuro distópico onde os Estados [

Morreu Kevin Conway, o Kahless - novafantasia.com/arquivos/1670 O veterán actor Kevin Conway morreu o pasado mércores aos 77 anos de idade por mor dun ataque ao corazón. Conway era un actor de carácter tanto no cinema coma nos teatros de Broadway. Na televisión os fans sempre o relembraremos coma o lendário guerreiro Klingon Kahless en Star Trek: The Next Generation. Ademais, foi [

Stallone na era dos ex-superheroes - novafantasia.com/arquivos/1670 Grazas ao cinema dos últimos anos xa coñecemos como son e como viven os superheroes, pero o director de Overlord, Julius Avery, e mais o actor e guionista Sylvester Stallone queren presentar-nos no vindeiro thriller Samaritan como son os ex-superheroes. Neste filme, Stallone interpretará a un heroe xubilado a quen todos daban por desaparecido pero [

Oscar para o Joker de Joaquin Phoenix - novafantasia.com/arquivos/1670 Aínda que os Oscar deste ano non deixaron ningunha posibilidade de brillar ao cinema de xénero xa dende as nominacións, o prémio para o millor actor recaeu en Joaquin Phoenix polo seu retrato do Joker coma vítima da cruel sociedade, mentres que o millor filme de debuxos animados foi para Toy Story 4. O Joker [

Jackson e o Vento nos Salgueiros - novafantasia.com/arquivos/1670 O escritor Julian Fellowes, o produtor Gerald R. Molen e mais o director Peter Jackson van-se asociar para faceren unha nova longametraxe que versionará a clásica novela para nenos The Wind in the Willows. O clásico literário que Kenneth Grahame escribiu en 1908 está ambientado na Inglaterra eduardiana e narra as aventuras dunha toupeira que [

Sam Raimi regresa á Marvel co Doutor Strange - novafantasia.com/arquivos/1669 Coa sua triloxía de filmes de Spiderman a princípios dos anos 2000, o realizador Sam Raimi contribuíu definitivamente crear coa Sony a nova era dos superheroes no cinema que estamos a vivir. E agora Raimi vai regresar á Marvel Studios e atopa-se negociando a posibilidade de dirixir a vindeira Doctor Strange in the Multiverse of [

The End is the Beginning - novafantasia.com/arquivos/1669 Nun flashback vemos como, após do ataque dos sintéticos en Marte, Picard esixiu á Frota Estelar que aceptara o seu plan de evacuación ou a sua dimisión. Elixiron isto último; a súa axudante Raffi, que sospeitaba que os romuláns estaban vencellados ao ataque, foi despedida. No presente, Picard pide axuda a Raffi, quen indignada bóta-o, [

Owen Wilson en Loki - novafantasia.com/arquivos/1668 O actor Owen Wilson ven de se unir ao reparto da vindeira série Loki da Disney e a Marvel. O seu papel aínda está por determinar, e esta será a primeira vez que participe no universo Marvel. Tom Hiddleston e Sophia Di Martino son os outros protagonistas dunha série que chegará ás pantallas despois da [

Linda Hamilton, en Resident Alien - novafantasia.com/arquivos/1668 Linda Hamilton (a quen vimos de ver en Terminator: Dark Fate) ven de se facer cun dos papéis protagonistas xunto a Alan Tudyk na vindeira adaptación á pequena pantalla dos cómics da Dark Horse Resident Alien que a canle Syfy está a preparar. Peter Hogan e Steve Parkhouse producirán e Chris Sheridan escribirá o guión. [

O símbolo perdido de Langdon - novafantasia.com/arquivos/1668 A NBC ven de encargar a produción dun episódio piloto de Langdon, unha nova série que adaptará á televisión a novela de Dan Brown The Lost Symbol, a terceira da súa cuatriloxía sobre o simboloxista de Harvard Robert Langdon e a única que polo de agora aínda non conta cunha versión de seu para o [

O regreso da tendiña dos horrores - novafantasia.com/arquivos/1668 Taron Egerton e Scarlett Johansson poderían ser os protagonistas dunha nova versión para o cinema do clásico Little Shop of Horrors que prepara a Warner Bros. Pictures. As conversas sobre o proxecto comezaron xa en 2016, con Greg Berlanti coma director e Matthew Robinson a cargo do guión. Egerton, quen ven de protagonizar Rocketman após [

Mostrar mais
Mastodon (PT)

Mastodon é uma rede social baseada em protocolos abertos da web e software livre e gratuito. É descentralizado como e-mail.